Quen son o culpábeis dos lumes? Feijóo e o PP responden

Entrevista a Núñez Feijoo

13 de agosto de 2006.

“Hai un Executivo novato, cun presidente á fronte que, unha vez máis, deu outra espantada e non está a coordinar a acción de goberno.”

“Este presidente da Xunta non está nin nos momentos máis difíciles. Parece que no canto de ser o presidente de Galicia é o de Murcia. Como se pode dicir que non era razoable que cada veciño tivese un hidroavión encima da súa casa, cando os veciños están coas súas mans, cos seus caldeiros, facendo unha columna humana para apagar as súas casas. Como se pode dicir que a situación está baixo control cando está descontrolada e o único control que hai aquí é o que os veciños tentan expor. Aquí ten que haber respostas e responsabilidades.”

“Non estamos ante unha cuestión inesperada como puido ser o Prestige, senón previsible.”

“É evidente que os medios do Goberno central non chegaron a tempo, pero é evidente que por moitos medios que haxa, se non hai coordinación non estamos nunha situación razoable. (…) No operativo, pásalle o que á Xunta, está descabezado e non hai ninguén que asuma en primeira persoa a coordinación de todos os medios xunto co Executivo galego. (…) Constitúa vostede un gabinete de crise, poña á fronte a un vicepresidente do Goberno e este, co presidente da Xunta, que coordinen o dispositivo cun mando único. (…) De todo isto transcende que hai falta de coordinación e un desbordamento do operativo. Probablemente, aínda que calquera operativo funcionase moi ben estariamos nunha situación grave, pero non de emerxencia na que estamos.

Núñez Feijoo di que os lumes «agora contrólanse e non se apagan»

12 de agosto de 2006

Alberto Núñez Feijoo mostrou onte en Ourense a súa preocupación polo feito de que, segundo as súas propias palabras, agora contrólanse e non se apagan os incendios, co cal se reavivan moitos lumes e mantéñense durante días.

O PP esixe responsabilidades

28 de agosto de 2006

Os populares aseguran que a desorde e a descoordinación levaron a que ardesen miles de hectáreas. Argumentan ademais que esta ineficacia non se daba con gobernos anteriores ao atacarse os incendios con maior prontitude.

Alberto Núñez Feijoo acusa o bipartito de «sementar a discordia civil» en Galicia

29 de agosto de 2006

Pero Feijoo foi algo máis lonxe nesta ocasión, e acusou o bipartito de «sementar a discordia civil» e tentar «culpabilizar á sociedade galega». A máxima responsabilidade recae, para o presidente do PPdeG, en Emilio Pérez Touriño, ao que comparou con Poncio Pilatos, e Anxo Quintana, «ou maior incendiario político de Galicia», en palabras do barón provincial pontevedrés, Rafael Louzán.

Feijoo reclama unha depuración de responsabilidades

3 de setembro de 2006

“Os galegos non entenderían que non se depuren responsabilidades políticas”

O PP bótase á rúa contra a xestión da crise dos incendios

9 de setembro de 2006

“Se no Parlamento non podemos falar, falaremos na rúa”
“A sociedade ten que saber quenes son os criminais que están detrás desas actuacións e quenes son os políticos ineptos que non foron capaces de conter en límites razoables o problema dos incendios forestais, como se fixo durante dezaseis anos”

Mobilización da cúpula de Génova e de 219 alcaldes para a protesta del domingo

O presidente do partido, Mariano Rajoy, encabezará a representación de Xénova detrás da pancarta coa que os populares se botarán á rúa para protestar pola xestión dos incendios.

Feijoo pide a comisión de investigación e o cesamento de Suárez Canal para pactar outra política forestal

18 de setembro de 2006

O colectivo contra os lumes, que apoia o PP, demandará a Xunta

19 de setembro de 2006

Os seus promotores, co alcalde popular de Barro á fronte, José Antonio Landín, anunciaron onte que emprenderán accións legais contra a Xunta a través dunha demanda patrimonial por neglixencia nos lumes do 4 ao 14 de agosto.

PD: Conclusión de Agustín Hernández, 13 de setembro de 2013

Galiza non é España; é Gansu

Un copia e pega inoportuno podería servir de resumo dunha traxedia que nos sacudiu onte a todos por esta banda do mundo. Non estamos, non existimos, non nos teñen en conta, e molestamos.

Non estamos porque, mentres se consuma a traxedia e pasan horas e horas do suceso, na televisión pública que os galegos tamén pagamos, ilustran a nova cunha imaxe de vai ti saber onde. A súa canle 24 h informativa, non conecta até ben pasadas as horas. En Telecinco, anda un tal Jorge Javier. En Antena 3, un partido do Madrid.

Non existimos porque na Moncloa nin se forma un gabinete de crise nin se declara situación de emerxencia. Mariano Rajoy vén de visita e declara: “Me contaban esta mañana que ayer había colas de 500 personas para donar”. Ese onte eran as 12 da noite. Que facías, Mariano? Onde estabas? Non te preocupaba o que estaba a pasar? Non falabas con ninguén do teu gabinete para que cho dixesen?

Non nos teñen en conta porque no lugar do accidente non existía un mecanismo que obriga a reducir a velocidade dos trens e que posibelmente tería evitado a catástrofe.

Molestamos porque na maior desgraza ferroviaria desde que lembramos, un presidente fala ao seu pobo na súa lingua e iso é inaceptábel.

Galiza teima en ser España. Alá nós. España considera Galiza Gansu.

Bandeira de Gansu

Bandeira de Gansu

O galego, castigado sen festa

Pensemos en tres festas “rachadas” galegas, desas que congregan milleiros e milleiros de persoas. Abofé que neste momento tes moitas na cabeza, así que concretamos: unha é recente e celébrase en Lugo. A outra é popular e nos últimos anos está a “oficializarse”; a terceira é a festa galega por antonomasia. Son o Arde Lucus, o San Xoán coruñés e as festas do Apóstolo en Compostela.

As tres pouco teñen que ver entre si: tres cidades diferentes, tres orixes idem. Unha naceu hai pouco máis dunha década da teima dun grupo de amigos que pensaron para Lugo unha festa de ambientación romana. A segunda, o San Xoán, é unha festa tradicional e popular que se celebraba en todos os barrios da Coruña e que baixou cara a praia primeiro coa xente de Alexandre Bóveda e despois debido á presión urbanística (nos barrios non quedan “descampados” onde prender as cacheiras). A terceira, a santiaguesa, é o día grande do país.

Nada en común, repetimos. Agás a lingua. O concelleiro de Festas santiagués sentenciou o que pasa nas tres: “Al gallego no hay que darle mayor importancia“. E abofé que non se lle dá.

En Compostela, a narración e o espectáculo da noite do 24 de xullo quedará “a gusto de la empresa que lo programe”. Como se lle dá falar en ruso e poñer vídeos de flamenco. O concello aí non ten nada que dicir. Na Coruña vén de iniciarse nas redes sociais unha campaña que procura “Sanjuaneros” e eu pregúntome se os citados “Sanjuaneros” serán un grupo de habaneras ou unha confraría de Semana Santa. Dos últimos 100 tuits, 1 en galego ILG-RAG e 2 en galego do sur, para solaz dos de AGAL. Nas redes do Arde Lucus máis do mesmo: nin chío en galego e menos na súa páxina de Facebook.

Mil festas máis para a lingua galega rezaba a campaña iniciada en 2008 en Redondela, ampliada ao país e vixente durante moitos anos. Partía co obxectivo principal do fomento social do uso do idioma, nomeadamente nas festas patrimoniais de Galicia. Das de aldea, para entendernos. Das grandes non se fala. Nas grandes non se fala.

O galego, como mal estudante, fica o verán castigado na casa (consistorial) sen festa.

Estamos cheos de @masaenfurecidas reais

Un dos polémicos chíos de @masaenfurecida

Para quen non o saiba, @masaenfurecida é un fake, unha conta de Twitter falsa dedicada a facer humor politicamente incorrecto con máis ou menos fortuna, disparando ao que se poña por diante. Onte e hoxe deulle por Galiza, os galegos.

Hai chíos enxeñosos, outros responden a tópicos ou prexuízos e outros non teñen graza ningunha. Quen queira unha compilación pode consultala nesta ligazón de @galiciaenfestas. Pero cómpre telo claro: é unha conta falsa. O seu é recoller prexuízos, ideas estabelecidas, tópicos sobre calquera tema e soltalos a xeito de chío. Aí reside a súa graza, para quen pensa que ten.

Agora ben, reitero, a conta é falsa. O humor pode telo no cu, para algúns. Pero é iso. O que non é chiste, o que é realidade son comentarios aparecidos onte en portais como Menéame ao fío da solicitude da Xunta a Google para a tradución de Android ao galego:

#4 Que lo traduzcan al gallego para que lo puedan utilizar las vacas. El gallego es un idioma creado para comunicarse con los animales inferiores como los cerdos (o cochos), vacas (con denominación de orixe) y con la gente humilde y rural que menciona #1, también conocidos como ‘parvos’.

#6 #1 Está claro que al imperio le conviene que salgan más gallegos cultos y alfabetizados como eran Franco, Fraga, o como son Rajoy, Baltar, Feijoó y Marta Sánchez.

#15 Después de que en Google buscaran en ídem que era eso del gallego y donde demonios quedaba Galicia, las risas de Mountain View se oyen desde aquí.
Ahora me pregunto yo, si en Galicia gobierna el PP ¿a que vienen estas derivas nacionalistas absurdas?

#11 El rural gallego huele a mierda de vaca húmeda.Es una peste que se te mete por la pituitaria directamente en el cerebro.
El olor a mierda de vaca embrutece y nubla al espíritu todo lo bueno y elevado. Es imposible hablar en un idioma refinado y culto,leer poesía o filosofía con mierda de vaca por todos lados impregnando tu ropa la roa de cama, la cocina, todo.
El purín es una de las causas de la brutalidad y atraso intelectual del gallego

O que non é broma, é realidade, é que en Muros (Galiza) o asesor xurídico do concello poña trabas aos veciños que se expresen en galego.

O que tampouco é broma senón realidade son os insultos, desprezos e todo tipo de prexuízos que recibiu aquel home que reclamou un impreso en galego nun hospital galego.

O que tamén é realidade é que hoxe, aquí, hai xente que considera un dato digno de salientar que os homes que asaltaron a un vello de Baltar (99% de galegofalantes) falaban galego.

Mais niso estamos: cabreados porque @masaenfurecida ten o humor no cu cando, na realidade, estamos cheos de masasenfurecidas reais.

Unha chea de prexuízos (e moito máis) por dez reás

Captura da noticia

A noticia saltaba onte: O Sergas obrigaba un paciente a adiar unhas probas por solicitar a documentación en galego. Ou sexa, que iso de “el gallego, bien, pero o lo tomas o lo dejas” como obxectivo estratéxico da normalización lingüística da Sanidade. Esa é unha forma de entender a noticia.

A “neutra”, en cambio, é a de arriba, a de La Voz de Galicia, esa que converte o obxecto, un doente que ve como lle negan os seus dereitos, en suxeito que se nega a operarse por “una menudez”. A vítima en verdugo, en definitiva. Unha boa oportunidade para tratar o asunto espiñento do “gallego” e focalizar sobre un doente individual unha nova que debería estar focalizada sobre os dereitos da colectividade. Se non se levou a cabo a operación, foi por mor do doente. Punto. A outra cousa.

Mais a outra cousa é deixar a nova aberta para os comentaristas, que sempre hai quen ten que dicir algo e máis cando lle deixan o titular en bandexa. Reparemos neles: unha chea de prexuízos (e moito máis) por dez reás, polo prezo do café ou da porcentaxe correspondente á conexión ADSL.

Hainos que pensan, como Raúl da Coruña ou Hércules Coruñés, que o paciente só é un “tocapelotas” con moito tempo libre que “debe estar en paro”, como se estar en paro fose a día de hoxe un “mal”:

De donde no hay no se puede sacar… que ganas de tocar la moral a la gente. El susodicho seguro que está en el paro y como no tiene otra cosa que hacer toca las pelotas.

Xa estamos tocando un pouco as pelotas uns e outros

Da mesma corda é Mar Rey de Santiago, que engade que o paciente estaba defendendo “mamonadas”:

Se ve que en la operación no se jugaba mucho, que tenia tiempo para mamonadas como estas, o que estaba aburrido

Outros comentaristas, moitos, dubidan de que o doente fose iso, doente:

Eso era que nin estaba moi enfermo nin lle doia,que senon ben que lle habia valer, como se llo deran en chinés.Cantas gilipolleces hai que aguantar.

BFP da Coruña:

A ese entroulle o canguelo e como xa estaba ás portas, enganchóuse na primeira silveira que atopou!!!!!! Por deus, ou iso, ou a operación non urxía moito!!!!!

En cambio, Carlos Fernández ve no doente alguén importante, un funcionario ou algo así, tonto, pero funcionario ou militante dun partido con ansia de medrar:

Este tipo que denuncia eso, me apuesto a que….tiene trabajo, con un buen sueldo ( seguramente funcionario, o político, o militante de algún partido en el que le interese medrar… ) y no se iba a operar. Ya que si no se dan ninguna de las anteriores, este tío es tonto, pero tonto, tonto, tonto…

A idea-forza de que o doente é tonto ou poñer en dúbida a súa intelixencia está presente nos nosos comentaristas, como Zedd de Vigo, que nun arrebato de tolerancia cualifícao de “cortito”:

pues por cortito deberian volverlo a poner en lista de espera otros x meses

OUTRO, papanatas

¿Vai tamen exigir, que queno opere fale en galego ? . A que extremo de papanatismo chegamos.

Manuelo, idiota como mínimo

Hay que ser idiota (como mínimo) para tener una actitud como esa.
“La estulticia humana es infinita”…desde luego.

Un paso mais alá están os que ven no doente un intolerante e, por extensión, un radical en diferentes formatos. É unha opinión que tamén comparten varios comentaristas. O primeiro, Jesús Peón da Coruña que se apunta ao carro co que eu cualifico como “perismo”, dicir que non se está en contra de algo “peeeero”:

Paréceme ben que se defenda a lingua, pero pódese facer doutro xeito e, sobre todo, sendo tolerante. A intolerancia non axuda a mellorar as cousas, so as volve contra un mesmo.

Cansino de Vigo vai ao gran:

hay que ser radical para jugar con la salud,

Tamén Paulino Magalláns de Ferrol:

viva la inteligencia
Otro testigo de Jehova disfrazado de gallego

Ou Miguel Álvarez, no seu comentario titulado Talibanadas, un clásico. Mario de Vigo, fai un pinchacarneiro semántico para sacar unha reductio at hitlerum en toda regra:

Nacionalistas pateticos toca morales, duplicar el gasto publico para nada, acusan a los demas de fachas cuando ellos son los primeros en actuar como unos fascistas……… Patetico

Nótese aquí o marco de “austeridade e gasto público” como se houbese que construír dous edificios totalmente equipados para separar os que teñan escritos en galego dos que teñan escritos en castelán. Bo intento, mais fáltalle un chisquiño para ser un argumento fetén…

Hainos que até desexan a complicación do paciente (a morte dolorosa e longa, non, madia leva) por tonto/tonto en bilingüismo/bilingüismo:

HAY QUE SER TONTO – HAI QUE SER TONTO
estoy completamente de acordo con MANUELO: Hay que ser tonto e idiota para hacer eso. Puedes poner una reclamación pero no te vas a casa y no te operas TONTO. Ojalá tuvieras una complicación por idiota.

En definitiva, o redactor da noticia, anónima neste caso, e o xornal por ampliación, conseguen o que procuran: avivar un debate onde non o ten que haber. Ou hai alguén en contra do bilingüismo? Das dúas linguas, mesmos dereitos? Non era iso?

Contra os manifestos de abaixoasinantes

A miña sinatura para o manifesto

Sae ao prelo (cibernético) un novo manifesto, un “Chamamento polo galego” co que non podo máis que concordar e que subscribo todos os seus puntos. Con total seguranza, asinareino (ciberneticamente) achegando os meus datos e dándolle a “enviar” no canto de rubricalo. Non será o primeiro nin tampouco será o último. E a outra cousa.

Si: a outra cousa. Porque hai tempo que estou contra os manifestos de abaixoasinantes e por unha razón, tal vez errada: remíteme a outro tempo, a un modelo de participación antigo, que ten pouco que ver con este século XXI en que estamos.

Verticalidade, eis a palabra. Eu / nós temos algo que dicir e queremos que ti / vós o subscribades. Nada máis. Non permito que participedes na súa elaboración, tampouco recollemos a vosa opinión, nin nos achegamos a ti para escoitarche o que tes que dicirnos.

Alguén ten a idea de que cómpre un manifesto. E que ese manifesto ten que ter máis ou menos estes puntos e expresar máis ou menos isto. Ese suxeito pode ser unha persoa ou poden ser dez mil agrupadas baixo un partido político, unha asociación, outro colectivo… Pode elaborarse mediante unha comisión e poden ata participar as dez mil persoas, pero seguirá sendo, para min, vertical. Porque esquece algo: a quen vai dirixido, os que están fóra e que son tratados como obxectos, nunca como suxeitos.

Verticalidade tamén nas sinaturas que a acompañan. Chamádeme demagogo, que podo selo, mais xulgo que os manifestos gañarían máis con “ninguéns” cando se “presentan” en sociedade. Un tal Xoán, desempregado; unha tal María, autónoma; unha tal Rosa, tendeira; un Paco, transportista; outra María, condutora de autobuses urbanos. Cidadáns a que van dirixidos, cidadáns que se implican, que se senten parte de algo feito por eles e dirixido a eles.

Porque ese é ten de ser o obxectivo: implicar. Saber que é o que pensa a xente, recollermos a súa opinión, achegalos, que nos axuden a construír coa súa voz o noso futuro. Eis, para min, o importante, implicar, non conseguir un bo número sinaturas.

Carta aberta ao secretario xeral de Política Lingüística

Fonte: Flickr do Bloque Nacionalista Galego

Caro Valentín:

Permíteme a confianza de tratarte de ti. Acho que o podo facer porque hai ben tempo que teño o pracer de coñecerte persoalmente, polo que decidín escribirche esta carta. Non te apures, non vai en sobre 😉

Non sei se o sabes mais voucho dicir: pertenzo a ese 4% da  cidadanía que fala galego polo ensino. E estou orgulloso, abofé. As aulas foron o primeiro contacto que tiven con el. Meus pais, meus avós, a miña familia, a xente que me rodeaba desde que nacín até ben entrada a adolescencia era castelán falante. E segue a selo.

Non tiña nin referentes nin contexto onde escoitar e falar o galego. Aínda hoxe é ben difícil atopalos onde vivo. Aprendín a lingua nas aulas e comecei falar grazas ao que alí me ensinaron.

Podes chamarme rara avis se queres, que hai confianza. Podes meterme nese ínfimo 4% ao que fas referencia. Mais aí estou, un galegofalante máis grazas á escola. E non sobran. Dis que a normalización non depende unicamente do ensino e aí concordamos. Mais esqueces algo importante: sen ensino, non hai normalización. Ben sabes que sen sementarmos, non podemos recoller froito.

Sei que hai ámbitos importantes. Admite a miña discrepancia, pero a min, as verbenas, non me parecen urxentes, ademais de que é un tema que se leva a tratar con “urxencia” desde hai cinco anos. Si a xustiza, o deporte, a música etc. etc. etc. Mais permíteme pór en cuestión o teu traballo e o que vai desenvolver a Secretaría Xeral que dirixes. Non porque dubide de ti, porque considero que es un bo profesional, senón porque non tes as ferramentas precisas para o levar a cabo e, ademais, moitos -por non dicir todos- dos teus compañeiros con cargo e xefes non están polo labor.

Non tes cash, Valentín. Hai anos xulgabamos -ti tamén, recoñéceo- insuficientes os orzamentos da SXPL para o seu labor. Hoxe dispós de faragullas orzamentarias que sabes perfectamente que non valen para nada.

Teño pola casa un pin de Prolingua que un día me regalaches. O mesmo que, con orgullo, lucías na lapela da camisa que levabas posta. “Temos que cambiar o rumbo, porque a cousa pinta mal”, dixéchesme ao mesmo tempo que mo dabas. Eran outros tempos, cando compartiamos de cando en vez algún lugar detrás da pancarta.

Eu son dos que pensan que todo o mundo ten dereito a evolucionar na vida. Hoxe tócache xogar este papel, mais agardo volver verte detrás dunha pancarta. Serás benvido pola miña parte. Sabes -reitero- perfectamente que a situación o require.

Convídote, cando quixeres, a tomarmos un café. Xa verás como concordas con moitos dos motivos para saír á rúa.

Saúdos

PD: creme cando digo que nunca me preocupou dar “boa imaxe” e que o “parcanteirismo” é máis un dos prexuízos existente que temos que desmontar. O principal actor para desmontar os prexuízos contrarios á lingua tes que ser ti. Non os difundas, Valentín.

Como organizar o teu propio “sobrecolledor” para dummies

A ti ninguén che dá sobres con pastizal e sénteste un parviño, un miñaxoia? Estás farto de abrir cartas onde ves que a túa conta bancaria é un chiste? Queres ter o poder de sentirte o rei do mambo? Deveces por ser o seguinte en acollerte a unha amnistía fiscal “porque tu lo vales”? Non o dubides, e faino ti mesmo! Organiza un “sobrecolledor” na túa empresa cos teus compañeiros e sinte o poder de rirte de todo o mundo por un día!

O xogo é ben sinxelo

Necesidades previas:

  • uns cantos compis de traballo. Cantos máis mellor!
  • unha persoa responsábel, que xa se sabe que cos cartos mellor non xogar
  • uns cantos sobres, un por compi
  • diñeiro, a mesma parte proporcional por cada participante
  • un lugar semipúblico, onde poidades estar cómodos pero ao mesmo tempo que sintades que estades a facer algo obsceno, algo porquiño, algo sucio, ummmmm.

Pasos

  1. Combinade un día nese lugar especial da vosa empresa. Recomendamos o luns, para comezardes a semana con folgos!
  2. A persoa responsábel encargarase, previamente, de repartir en varios sobres unha cantidade de diñeiro, que vén a ser a mesma que puxeches na vosa “caixa B” especial da empresa. Non vale facer trampa, pillíns 😉 Tanto ten que non teñades sobres sen usar: collede uns deses en que recibides as facturas que pagades relixiosamente cada mes… Será por sobres con facturas!
  3. Anotade todo, pero todo todo. Até o máis mínimo detalle… Que aquí seremos ladróns, pero detallistas!
  4. Á hora acordada, a persoa responsábel estará agardándovos no lugar cos vosos sobres correspondentes. A máquina de café pode estar ben, un lugar á vista de todos pero pouco sospeitoso. Sempre está concorrida, máis se traballades para a función pública. Ademais dá para comentarios con “chispa”: -“Dáme un sobre de azucre” -“A min, un de sacarina” -“A min, o dos mortadelos”…
  5. Poñede algo de sentimento: mirade para os lados, chiscade os ollos, apuntade coa cabeza pero con naturalidade. Sentide como se acelera o pulso, unhas cóxegas a recorrervos o corpo enteiro… Esa chispa que hai tempo que precisades para evadirse desa realidade que vos ten atrapados!
  6. Moi importante: non esquezades o sobre por ningures, que despois a xente fala e o falar non ten cancelas…

Facede este xogo as veces que faga falta sen que vos atrape a rutina. Recoméndase cambiar de lugar cada certo tempo… Se vedes que xa non vos divirte, tentade facelo en público, nunha cafetaría pode estar ben. Veredes como recibides un chute de adrenalina!

A importancia do xogo non está en facervos ricos. Teredes ao final sempre a mesma cantidade de diñeiro. Algúns, os máis pusilánimes dirán que vos estades enganando a vos mesmos, que nunca teredes 20 millóns nunha conta en Suíza ou un pisiño na zona hortera-pija do Estado. E teñen razón, pero polo menos non son outros os que vos enganan.

Editado ás 15:30 do 31 de xaneiro

Unha outra alternativa é facer o que fan os Rajoy e Montoro. Menos elegante, pero máis divertida, onde vai parar!

A ignorancia é moi atrevida… e maleducada

“Ni tengo que conocer a los diputados, ni tengo que saber gallego, punto filipino”.
Axente non identificado da Policía

“hablo castellano porque quiero y hablaré gallego cuando me salga de los puntos suspensivos”
Ángel Benito Dorgambide, concelleiro de Tráfico de Vilagarcía

Editado: 30 de xaneiro de 2013

“Pero a los 63 años no consiento que nadie me venga a imponer nada. Este es un país libre”
“No tengo veinte años para que me vengan con tonterías”
“No creo que sea faltar a nadie decir que hablo en lo que quiero. A lo mejor quienes tendrían que pedirlo son otros”
Cholo, educado e balsa de aceite

Cando unha vida vale menos de 12,5 € por ano

FOTO: Pablo Bellido, alcalde de Azuqueca de Henares

O Goberno de Castela-A Mancha non ten cash. Cómpre aforrar, arrimar o ombreiro, remar todos na mesma dirección e facerlle un burato máis ao cinto. Márquese cun x a que corresponda.

Por iso, deciden suprimir o servizo de urxencias nocturnas de 21 centros de saúde da súa xeografía. Disque o seu uso é “escaso“: un paciente por noite. En total, 7665 aplicando de 1 persoa x 21 centros x 365 días ao ano.

Manter esta cobertura supón un gasto de 1.500.000 millóns de euros por ano, arredor de 195 € por urxencia. Pero estas urxencias cobren 120.000 persoas que as poidan necesitar. Aínda que non as empregase ninguén, o cuso por persoa é de só 12,5 € por ano.

Cospedal podería pagar do seu peto 850 desas urxencias ou darlle cobertura a 13.250 persoas co seu soldo de escasos 165.631 euros.