Sobre…

Esta historia lévoa eu: Iván Méndez ou @eche_o_que_hai, filólogo por vocación, técnico de normalización por convicción, e por profesión enleado na rede.

Licencieime en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e obtiven o Diploma de Estudos Avanzados pola mesma universidade.

Fun bolseiro durante 20 meses do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, traballei como asesor lingüístico da Oficina de Sóftware Libre da mesma universidade e como técnico de normalización do Concello de Cerceda desde febreiro de 2008 até 2012.

Pertenzo á directiva da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua como vogal, da SRDC Tempo Novo de Elviña (secretario) e da Peña Deportivista os Curriolos (secretario)

Publiquei algunhas cousiñas, colaborei co desaparecido Xornal de Galicia e agora ando detrás do proxecto Galegobook e deste blogue.

Se quixeres contactar comigo, podes facelo a través do correo ivan.mendez.lopez(a)gmail.com

 

2 reflexións sobre “Sobre…

  1. Son un asíduo ó teu blog dende que o descubrín a través de Chuza, felicítote gústame moito.
    Moito ánimo e segue publicando 🙂

Os comentarios están pechados.