Imposición

Ni comprendo que Anxo Lorenzo continúe perseguido por el dogma nacionalista. Devolvió la concordia, la no imposición, al idioma: un racional decreto lingüístico que, pasado el tiempo, ha ganado la estima de la mayoría social

Xosé Carlos Caneiro. 08/01/2012

Esquezamos os Reis Católicos, a doma e a castración do Reino de Galicia. Nebrija nunca escribiu aquilo de “a lingua sempre foi compañeira do Imperio” Tampouco se prohibiu ningún libro nin ensinar noutra lingua que non fose o español. Todo iso non pasou, fica moi lonxe.

O alzamento só foi unha manifestación de catro militares e Franco, unicamente un monórquido. Nunca se repartiron follas voandeiras sobre patriotas e bárbaros, nin ningún neno recibiu risos, nin burlas nin azoutes nunha aula.

O pasado, unha bruma mesta. Nada. Esquezámolo. Fagamos o exerxicio: non houbo nada antes de 2009. 2009 foi o ano 0 da nosa era. Ou o ano 0 despois de Feijoo e Anxo Lorenzo (d. F. e A. L.). Aínda así, partíndomos da nada, por moito que borremos cada liña, cada parágrafo, cada páxiña da historia recente e da historia afastada, Xosé Carlos Caneiro mente.

O axioma de que parte o escritor é o seguinte: o galego estaba imposto polo bipartito e agora, grazas a Anxo Lorenzo e Núñez Feijoo, non. Aceptemos a mentira mais vaiamos ao dicionario, ao de castelán, por suposto, que é o que emprega o escritor Caneiro:

Imposición

1. f. Acción y efecto de imponer o imponerse.

2. f. Exigencia desmedida con que se trata de obligar a alguien.

3. f. Carga, tributo u obligación que se impone.

E agora, mencionemos algunha das actividades de Anxo Lorenzo, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Xunta de Galicia nestes case tres anos:

  • Aprobación unilateralmente dun decreto de plurilingüismo
  • Modificación unilateralmente da Lei da función pública
  • Eliminación de subvencións a entidades para a normalización lingüística
  • Creación unilateralmente dunha rede sen orzamentos, sen contidos e sen o asesoramento das partes implicadas
  • Suspensión en 2011 das axudas ás entidades locais para a normalización
  • Suspensión en 2011 das axudas para a elaboración de materiais curriculares en galego

Imposición é unha palabra totalmente pervertida no seu significado. Xosé Carlos Caneiro sábeo. Por algo gaña a vida xuntando letras.

2 reflexións sobre “Imposición

  1. Home, gañar a vida escribindo, Caneiro…. teno bastante pero bastante difícil!!!! Porén, gaña a vida, polo que me contaron, grazas a que o PP (o de antes) o colocou. Polo demais, e trala breve paréntese de adoración anxelical durante o bipartito (era o que tocaba), fai o que mellor debe saber facer, que non é xuntar letras, senón… chupala!

Os comentarios están pechados.