Estamos cheos de @masaenfurecidas reais

Un dos polémicos chíos de @masaenfurecida

Para quen non o saiba, @masaenfurecida é un fake, unha conta de Twitter falsa dedicada a facer humor politicamente incorrecto con máis ou menos fortuna, disparando ao que se poña por diante. Onte e hoxe deulle por Galiza, os galegos.

Hai chíos enxeñosos, outros responden a tópicos ou prexuízos e outros non teñen graza ningunha. Quen queira unha compilación pode consultala nesta ligazón de @galiciaenfestas. Pero cómpre telo claro: é unha conta falsa. O seu é recoller prexuízos, ideas estabelecidas, tópicos sobre calquera tema e soltalos a xeito de chío. Aí reside a súa graza, para quen pensa que ten.

Agora ben, reitero, a conta é falsa. O humor pode telo no cu, para algúns. Pero é iso. O que non é chiste, o que é realidade son comentarios aparecidos onte en portais como Menéame ao fío da solicitude da Xunta a Google para a tradución de Android ao galego:

#4 Que lo traduzcan al gallego para que lo puedan utilizar las vacas. El gallego es un idioma creado para comunicarse con los animales inferiores como los cerdos (o cochos), vacas (con denominación de orixe) y con la gente humilde y rural que menciona #1, también conocidos como ‘parvos’.

#6 #1 Está claro que al imperio le conviene que salgan más gallegos cultos y alfabetizados como eran Franco, Fraga, o como son Rajoy, Baltar, Feijoó y Marta Sánchez.

#15 Después de que en Google buscaran en ídem que era eso del gallego y donde demonios quedaba Galicia, las risas de Mountain View se oyen desde aquí.
Ahora me pregunto yo, si en Galicia gobierna el PP ¿a que vienen estas derivas nacionalistas absurdas?

#11 El rural gallego huele a mierda de vaca húmeda.Es una peste que se te mete por la pituitaria directamente en el cerebro.
El olor a mierda de vaca embrutece y nubla al espíritu todo lo bueno y elevado. Es imposible hablar en un idioma refinado y culto,leer poesía o filosofía con mierda de vaca por todos lados impregnando tu ropa la roa de cama, la cocina, todo.
El purín es una de las causas de la brutalidad y atraso intelectual del gallego

O que non é broma, é realidade, é que en Muros (Galiza) o asesor xurídico do concello poña trabas aos veciños que se expresen en galego.

O que tampouco é broma senón realidade son os insultos, desprezos e todo tipo de prexuízos que recibiu aquel home que reclamou un impreso en galego nun hospital galego.

O que tamén é realidade é que hoxe, aquí, hai xente que considera un dato digno de salientar que os homes que asaltaron a un vello de Baltar (99% de galegofalantes) falaban galego.

Mais niso estamos: cabreados porque @masaenfurecida ten o humor no cu cando, na realidade, estamos cheos de masasenfurecidas reais.