Quen son o culpábeis dos lumes? Feijóo e o PP responden

Entrevista a Núñez Feijoo

13 de agosto de 2006.

“Hai un Executivo novato, cun presidente á fronte que, unha vez máis, deu outra espantada e non está a coordinar a acción de goberno.”

“Este presidente da Xunta non está nin nos momentos máis difíciles. Parece que no canto de ser o presidente de Galicia é o de Murcia. Como se pode dicir que non era razoable que cada veciño tivese un hidroavión encima da súa casa, cando os veciños están coas súas mans, cos seus caldeiros, facendo unha columna humana para apagar as súas casas. Como se pode dicir que a situación está baixo control cando está descontrolada e o único control que hai aquí é o que os veciños tentan expor. Aquí ten que haber respostas e responsabilidades.”

“Non estamos ante unha cuestión inesperada como puido ser o Prestige, senón previsible.”

“É evidente que os medios do Goberno central non chegaron a tempo, pero é evidente que por moitos medios que haxa, se non hai coordinación non estamos nunha situación razoable. (…) No operativo, pásalle o que á Xunta, está descabezado e non hai ninguén que asuma en primeira persoa a coordinación de todos os medios xunto co Executivo galego. (…) Constitúa vostede un gabinete de crise, poña á fronte a un vicepresidente do Goberno e este, co presidente da Xunta, que coordinen o dispositivo cun mando único. (…) De todo isto transcende que hai falta de coordinación e un desbordamento do operativo. Probablemente, aínda que calquera operativo funcionase moi ben estariamos nunha situación grave, pero non de emerxencia na que estamos.

Núñez Feijoo di que os lumes «agora contrólanse e non se apagan»

12 de agosto de 2006

Alberto Núñez Feijoo mostrou onte en Ourense a súa preocupación polo feito de que, segundo as súas propias palabras, agora contrólanse e non se apagan os incendios, co cal se reavivan moitos lumes e mantéñense durante días.

O PP esixe responsabilidades

28 de agosto de 2006

Os populares aseguran que a desorde e a descoordinación levaron a que ardesen miles de hectáreas. Argumentan ademais que esta ineficacia non se daba con gobernos anteriores ao atacarse os incendios con maior prontitude.

Alberto Núñez Feijoo acusa o bipartito de «sementar a discordia civil» en Galicia

29 de agosto de 2006

Pero Feijoo foi algo máis lonxe nesta ocasión, e acusou o bipartito de «sementar a discordia civil» e tentar «culpabilizar á sociedade galega». A máxima responsabilidade recae, para o presidente do PPdeG, en Emilio Pérez Touriño, ao que comparou con Poncio Pilatos, e Anxo Quintana, «ou maior incendiario político de Galicia», en palabras do barón provincial pontevedrés, Rafael Louzán.

Feijoo reclama unha depuración de responsabilidades

3 de setembro de 2006

“Os galegos non entenderían que non se depuren responsabilidades políticas”

O PP bótase á rúa contra a xestión da crise dos incendios

9 de setembro de 2006

“Se no Parlamento non podemos falar, falaremos na rúa”
“A sociedade ten que saber quenes son os criminais que están detrás desas actuacións e quenes son os políticos ineptos que non foron capaces de conter en límites razoables o problema dos incendios forestais, como se fixo durante dezaseis anos”

Mobilización da cúpula de Génova e de 219 alcaldes para a protesta del domingo

O presidente do partido, Mariano Rajoy, encabezará a representación de Xénova detrás da pancarta coa que os populares se botarán á rúa para protestar pola xestión dos incendios.

Feijoo pide a comisión de investigación e o cesamento de Suárez Canal para pactar outra política forestal

18 de setembro de 2006

O colectivo contra os lumes, que apoia o PP, demandará a Xunta

19 de setembro de 2006

Os seus promotores, co alcalde popular de Barro á fronte, José Antonio Landín, anunciaron onte que emprenderán accións legais contra a Xunta a través dunha demanda patrimonial por neglixencia nos lumes do 4 ao 14 de agosto.

PD: Conclusión de Agustín Hernández, 13 de setembro de 2013

Unha reflexión sobre “Quen son o culpábeis dos lumes? Feijóo e o PP responden

  1. Pingback: Quen son o culpábeis dos lumes? Feijóo e o PP responden

Os comentarios están pechados.